O pasado sábado 13 de abril o noso club foi galardoado co 'Premio á Traxectoria' na Primeira Gala do Deporte de Boiro.
O acto tivo lugar no Pavillón Deportivo de Barraña e estivo presidido polo alcalde Juan José Dieste e tivo como madriña a Vanesa Rial e como padriño a Cristian Silva, olímpica e campión do mundo respectivamente.
O premio é un recoñecemento aos case 40 anos de historia cos que xa conta o noso club, así como polos seus logros. O premio foi entregado polo alcalde e por Cristian Silva ao noso presidente Daniel Vázquez e a outros remeiros en representación do club.